lunes, 2 de febrero de 2015

COMO PREVIR O BULLYING

INVESTIGACIÓN:
Coma se pode previr?
Pautas de disciplina

Adaptar a educación aos cambios sociais, desenvolvendo a intervención a diferentes niveis e establecendo novos esquemas de colaboración, coa participación das familias e a administración.
Pautas
Un dos obxectivos da disciplina é ensinar a respectar certos límites. É necesario que as normas sexan claras e coherentes, e axuda que fosen elaboradas por todos os membros da comunidade escolar.

Relación e comunicación entre familia e escola
Aprendizaxe cooperativa
Resolución de conflitos
Aprendizaxe Cooperativa
Un dos procedementos educativos que poden axudar a previr a exclusión e, polo tanto, a violencia nas aulas, é a aprendizaxe cooperativa en equipos heteroxéneos, tanto en educación primaria coma en secundaria. Este método pode axudar a: adaptar a educación á diversidade, desenvolver a motivación dos alumnos pola aprendizaxe, mellorar a cohesión do grupo e as relacións dentro deste, e distribuír as oportunidades de protagonismo académico.
Resolucion de Conflictos
O conflito forma parte da vida e é un motor de progreso, pero en determinadas condicións, pode conducir á violencia. Para mellorar a convivencia educativa e previr a violencia, é preciso ensinar a resolver conflitos de forma construtiva; é dicir, pensando, dialogando e negociando. Un posible método de resolución de conflitos desenvólvese nos seguintes pasos:
Definir axeitadamente o conflito.
Un dos principais factores de risco de violencia, é o illamento da familia, con respecto a outros sistemas sociais nos que o neno se relaciona.





                   MARION
Tiña 14 anos cando o 13 de Febreiro de 2013 a súa nai atopouna morta no seu cuarto. Esta moza francesa aforcárase cun pano, superada por un acoso que viña de longo tempo atrás, curso tras curso. Sempre foi minimizado polos docentes do seu instituto. Ameazas por teléfono, por sms, en Facebook. No instituto acorralabana e ameazabana pero a dirección do centro só ve "cousas de nenos". Marion deixou unha carta antes de suicidarse na que nomea a varios dos seus compañeiros de clase e se dirixe a eles: "Se estou morta, en parte é pola vosa culpa. " Fostes demasiado lonxe
Menacée, insultée au collège et sur Facebook, Marion, 13 ans, s'est pendue. (DR)


ENLACE:
http://blog.larocadelconsejo.net/2014/04/10-historias-de-bullying-que-deberias-contar-a-tus-scouts/



                     







No hay comentarios:

Publicar un comentario