lunes, 26 de enero de 2015

COMO SE MANIFESTA O BULLYING

                                                     
INVESTIGACIÓN :
Porque se produce o bullying?
Pola falta de límites na casa: 
É frecuente que aprendan a non regular o seu comportamento
Pasar do bulleado ao acosador: 
O temor a ser agredido que converte a moitos en agresores.
Violencia intrafamiliar:
Ao vivir nun mal ambiente familiar pode fomentar que os nenos se tornen agresivos .
Como detectar o bullying?
O bullying podese detectar a traves de varios factores:

Agresións físicas, tales como: pegar, empurrar, patear e agredir con obxectos.

Agresións verbais: ofensas como os insultos e os alcumes, por exemplo: resaltar defectos físicos, 
menosprezar en público, criticar, entre outros.

Agresións psicolóxicas: son aquelas accións que danan a autoestima do individuo e fomentan a súa sensación de temor. Por exemplo: rirse del ou dela, ignorar, facer os seus xestos, contar mentiras, enviar notas ferintes e tratar de convencer os demais para que non se relacionen cos outros.

Agresións sociais: Illar a vítima do resto do grupo e compañeiros. Por exemplo: Non o deixar participar, excluílo de actividades a propósito, ignoralo completamente ou mesmo o obrigar a facer cousas que non quere.
Esconder, roubar ou danar as pertenzas das vítimas son tamén algúns modos do bullying. Con frecuencia estas manifestacións aparecen de forma simultánea

ENLACES :
http://www.publimetro.com.mx/trixia-valle/las-tres-razones-de-por-que-se-hace-bullying/mmeu!p6nnfbmpYQd/
http://bullyingenmexico-ensenada.blogspot.com.es/2012/11/como-se-manifiesta-el-bullying.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario