viernes, 7 de noviembre de 2014

CONSUMISMO E CONTAMINACIÓN DO MEDIO AMBIENTE

QUE É O CONSUMISMO?
O consumismo é o consumo esaxerado de bens e servizos. Aínda que a publicidade intenta levarnos a consumir cada vez máis, non debemos esquecer que temos que ter unha actitude responsable.
QUE É O CONSUMO RESPONSABLE?
O consumo responsable inclúe aspectos básicos como:
  • Debe ser ético.
  • Debe ser ecolóxico.
QUE É A PUBLICIDADE?
A publicidade é unha técnica de comunicación que estimula os consumidores a consumir os produtos dunha determinada marca, creando neles necesidades. Estas son:

  1. Necesidades básicas (fame, abrigo, sede...).
  2. Necesidades de seguridade (proteccion).
  3. Necesidades sociais.
  4. Necesidades de ego.
  5. Necesidades de autorealización.
                                                                                                  


http://www.google.es/imgres?imgurl=&imgrefurl=http%3A%2F%2Fwww.relacionamentos.org%2Fcotidiano%2Fo-consumismo-exagerado-pode-atrapalhar-uma-relacao&h=0&w=0&tbnid=18_OFqdPQPj_bM&zoom=1&tbnh=165&tbnw=305&docid=VdKnyy2rynIUwM&tbm=isch&ei=rXpcVLr3MYKuaZfFgbgB&ved=0CAoQsCUoAg

A CONTAMINACIÓN
Nas últimas décadas, o aumento da poboación, a indrustialización e o consumo están poñendo en perigo o noso planeta, reducindo os recursos en enchéndolo de residuos.
O gran reto para a humanidade é crear un novo modelo de desenvolvemento sostible, é dicir, un desenvolvemento para mellorar a calidade de vida da humana sen destruír ecosistemas e nos que temos que participar de forma individual e colectiva.
Ser ecolóxicos é responsabilidade de todos, non só dos gobernos. Pero estes teñen un papel fundamental para elaborar leis e medidas para protexer o ambiente.

 



No hay comentarios:

Publicar un comentario