jueves, 11 de diciembre de 2014

DIARIO DE SESIÓNS #10

Aqui vos amosamos o noso diario de sesións:



  12/12/14

Rematamos a entrada sobre os países en conflito.


Hoxe A e Q estiveron buscando a información e H e L elaboraron a entrada.


viernes, 5 de diciembre de 2014

PAÍSES EN CONFLITO

TIPO DE CONFLITO E PAÍSES IMPLICADOS
Nós imos tratar o conflito terrorista civil de Siria.

CAUSAS
En marzo do 2011 comezou a revolta en Siria contra o réxime de Bachar el Asad. Esta revolución naceu en Deraa, onde uns adolescentes foran detidos e torturados por uns grafitis contra o Goberno.Varios manisfestantes remataron mortos por marchas para a súa liberación. Aínda que o levantamento foi erradicado, a rebelión comezou a extenderse polas rexións.

  


CONSECUENCIAS
O ACNUR (Alto Comisionado da ONU para os Refuxiados) afirmou que case seis millóns de sirios, máis dunha cuarta parte da poboación, tiveron que fuxir dos seus fogares pola guerra. Conseguiron escapar do país case 1'9 millóns dos refuxiados, dos que máis dun millón eran nenos, que se concentraron en Líbano, Irak, Turquía e Xordania.

ORGANISMOS DE PAZ IMPLICADOS
A ONU mediante o ACNUR axudou aos sirios que tiveron que fuxir das súas casas a refuxiarse.

http://internacional.elpais.com/internacional/2013/08/27/actualidad/1377606942_888330.html

DIARIO DE SESIÓNS #9


Ola!
Aqui vos amosamos o noso diario de sesións:




  5/12/14

Empezamos o traballo do conflito.


Hoxe H, L e A elixiron o conflito. A buscou as causas, L e H buscaron informacion en xeral de siria.



Coma sempre que pasedes unha boa semana e ata a proxima. ¡¡UNHA APERTA!!

lunes, 1 de diciembre de 2014

DIARIO DE SESIÓNS #8

Ola!
Aqui vos amosamos o noso diario de sesións:



  1/12/14
Seguimos co traballo de Recinto gris

Hoxe  A faltou. Os demais repasamos e subimos o traballo anterior

Coma sempre que pasedes unha boa semana e ata a proxima. ¡¡UNHA APERTA!!









ANALISE DO CONTIDO: RECINTO GRIS

Aquí vos deixamos o noso Word sobre a ficha de Recinto Gris.

viernes, 28 de noviembre de 2014

DIARIO DE SESIÓNS #7


Ola!
Aqui vos amosamos o noso diario de sesións:




  28/11/14

Realizamos a reportaxe sobre a saída do martes 25.


todos traballlamos ben, nos turnamos para ler e escribir.

Que pasedes unha boa semana ata a proxima. ¡¡UNHA APERTA!!

REPORTAXE: ENLAZA VIGO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 2014

Martes 25 de novembro de 2014. O noso grupo xunto coa clase, fomos ao acto celebrado na rúa Urzaiz de Vigo polo día internacional contra a violencia de xénero. Ao chegar alí, asignáronnos como lugar de encontro a parada de autobús da rúa Urzaiz. Tiñamos que estar alí as 11:45. O concello de Vigo organizou este evento e o tema de este ano era a ciberviolencia de xénero na mocidade que trataba sobre o acoso a través das novas tecnoloxías. Estaban léndose consignas no escenario sobre esta idea. Unha consigna que escoitamos foi: "non é normal que non poida saír a divertirme se él non ven comigo"

































































O mural que máis nos gustou foi un no que se representaba unha conversa no que o acosador non lle deixa vestir a súa noiva como ela quere, a mensaxe que quere transmitir é que non nos deben controlar os nosos noivos.
Oubo moitas actividades coma por exemplo: as regueifas, malabares, baile urbano, carreira de relevos, fotocall. H participou nos malabares e as demais actividades as observamos.
Das autoridades locais interviñeron: a policía local e o alcalde, o alcalde deu un discurso de como temos que tratar a os acosadores.
Creamos un tapíz humano que simula unha conversa de whatsapp con civerviolencia.

Foi unha moi boa experiencia na que vimos casos reais de ciberviolencia de xénero nas pancartas e nos puximos na pel das mulleres acosadas. Ademais, as consignas fixéronnos pensar sobre isto e houbo actividades para tamén pasalo ben. No seu discurso, o alcalde explicounos como temos que tratar aos acosadores, coma uns cobardes e que nesta cidade non teñen lugar.


































lunes, 24 de noviembre de 2014

DIARIO DE SESIÓNS #7

Ola!
Aqui vos amosamos o noso diario de sesións:




  24/11/14

Realizamos o traballo de recinto gris.


O luns Q e H fixeron os punto un e u punto 3 A e L fixerón o punto dous eo punto catro.

Que pasedes unha boa semana ata a proxima. ¡¡UNHA APERTA!!

DIARIO DE SESIÓNS #6

Ola!
Aqui vos amosamos o noso diario de sesións:




  24/11/14

Realizamos o traballo de recinto gris.


O luns Q e H fixeron os puntos un e o punto tres, A e L fixerón o punto dous e o punto catro.

Que pasedes unha boa semana ata a proxima. ¡¡UNHA APERTA!!

lunes, 17 de noviembre de 2014

FICHA RECINTO GRIS

Recinto Gris

Proxecto Interdisciplinar                         Páx 1 de 3
Cidadanía-Lingua Galega-Matemáticas







Grupo: Cidadáns/ás 100%                                                           Curso: 2ºB





- Antes de ler o libro, a que pensabas que se podía referir a autora ao falar dun “recin- to gris”? E que che suxería o lobo da portada?

        Pensabamos que se trataría dun campo de concentración, levando unha vida triste, con experiencias malas. Suxeríanos                                      
        que os protagonistas serían lobos e trataría sobre os problemas que teñen na súa manda.







- Unha vez o liches, a que cres que se refire? Consideras que pode estar a pensar nal- gunha situación real? Cales?

        Refírese a un lugar onde levan ás persoas diferentes e téñenos alí escravizados traballando e cunha serie de regras que
        cumprir. Pode estar pensando nos campos de concentración onde os nazis meteron os xudeus co mandato de Hitler.








- Procura no dicionario da RAG o termo DISTOPÍA e dá tres razóns concretas polas que penses que o libro describe unha.

        Unha distopía ou antiutopía, ou tamén cacotopía é o pensamento, a filosofía ou o proceso discursivo baseado nunha    
        ficción cuxo valor representa a antítese da utópica ou promove a vivencia nunha "utopía negativa". Están xeralmente
        caracterizadas polo totalitarismo, autoritarismo, cun control opresivo da sociedade. O libro está basado nunha distopía xa
        que os lobos mitolóxicos encerran a os diferentes nun recinto onde só podían traballar, non podían chamarse polo nome e 
        os tiñan baixo vixilancia coa advertencia de que se incumprían alguna norma serían castigados de forma dura.






- Le a entrevista publicada por A Voz de Galicia e explica que inspira a Ledicia Costas para escribir as súas obras.





Cidadanía-Lingua Galega-Matemáticas










- Por que se di que este libro é un alegato en prol de “a individualidade, a amizade e a loita contra a opresión”? Cita un exemplo concreto de cada caso.












- 1984 e Brave New World son dúas obras nas que se puido inspirar Ledicia para es- cribir a súa. Procura información sobre elas e enche a táboa seguinte:







1984

BRAVE NEW WORLD

A U T O- RÍA
George Orwell
Aldous Huxley

ANO   DE P U B L I- CACIÓN
1949
1932

XÉNERO
Novela política de ficción distópica
Novela de ciencia ficción

TEMA
Está basado nun Londres futuro no que
hay diferentes faccións e unha delas ten que  facer un gran traballo físico eestá vixiada constantemente para que non se subleven

O libro describe unha sociedade na que a xente se reproduce mediante a clonación. Tamén esta sociedade está dividida en deiferentes faccións nas que unha ten que facer un gran traballo físico.



Cidadanía-Lingua Galega-Matemáticas






1984

BRAVE NEW WORLD

SEME- LLAN- ZAS CON RECIN- TO GRIS
Nos dous libros dous grupos de persoas son obligadas a facer un gran traballo físico e son vixiadas para non sublevarse ou fuxir.
Nos dous libros intenta crearse unha sociedade perfecta na que todos os seres humáns son iguais e os diferentes son erradicados.

SEME- LLAN- ZAS COA SOCIE- DADE ACTUAL
Neste libro hai unha clase social que só pode traballar e é vixiada para non poderfuxir. Na sociedade actual hai  moitas persoas en países subdesenvolvidos teñen que traballar en   fabricas con condicións de seguridade ínfimas e controlados para non facer nada mal
Este libro reflicte unhya sociedade perfecta cousa que a publicidade da sociedade actual tamén intenta crear unha sociedade perfecta naque todos os individuos son completamente iguais


DIARIO DE SESIÓNS #5

Ola!
Aqui vos amosamos o noso diario de sesións:



  14-17/11/14

Realizamos o traballo de recinto gris.


O venres Q e H fixeron os primeiros exeercicios mentres que A e L estiveron atentas.

Que pasedes unha boa semana ata a proxima. ¡¡UNHA APERTA!!

viernes, 7 de noviembre de 2014

CONSUMISMO E CONTAMINACIÓN DO MEDIO AMBIENTE

QUE É O CONSUMISMO?
O consumismo é o consumo esaxerado de bens e servizos. Aínda que a publicidade intenta levarnos a consumir cada vez máis, non debemos esquecer que temos que ter unha actitude responsable.
QUE É O CONSUMO RESPONSABLE?
O consumo responsable inclúe aspectos básicos como:
  • Debe ser ético.
  • Debe ser ecolóxico.
QUE É A PUBLICIDADE?
A publicidade é unha técnica de comunicación que estimula os consumidores a consumir os produtos dunha determinada marca, creando neles necesidades. Estas son:

  1. Necesidades básicas (fame, abrigo, sede...).
  2. Necesidades de seguridade (proteccion).
  3. Necesidades sociais.
  4. Necesidades de ego.
  5. Necesidades de autorealización.
                                                                                                  


http://www.google.es/imgres?imgurl=&imgrefurl=http%3A%2F%2Fwww.relacionamentos.org%2Fcotidiano%2Fo-consumismo-exagerado-pode-atrapalhar-uma-relacao&h=0&w=0&tbnid=18_OFqdPQPj_bM&zoom=1&tbnh=165&tbnw=305&docid=VdKnyy2rynIUwM&tbm=isch&ei=rXpcVLr3MYKuaZfFgbgB&ved=0CAoQsCUoAg

A CONTAMINACIÓN
Nas últimas décadas, o aumento da poboación, a indrustialización e o consumo están poñendo en perigo o noso planeta, reducindo os recursos en enchéndolo de residuos.
O gran reto para a humanidade é crear un novo modelo de desenvolvemento sostible, é dicir, un desenvolvemento para mellorar a calidade de vida da humana sen destruír ecosistemas e nos que temos que participar de forma individual e colectiva.
Ser ecolóxicos é responsabilidade de todos, non só dos gobernos. Pero estes teñen un papel fundamental para elaborar leis e medidas para protexer o ambiente.